Poesías e contos

 

PARA ALBA

              Para Alba

 

           Era un dia de verán

cheo de luz e color

cando a nena deste conto

saiu para ver o sol.

 

A neniña chea de vida

acabada de nacer

chorou,con novos impulsos

acabados de aprender.

 

Asomou a cabeciña

para ollar ao seu redor

e coñeceu á súa nai

que a miraba con candor.

 

Decatouse de seguido

do ansiosa que ela estaba

¡ “Xa estou aqui ,miña nai

perdoa por ser tan tarda!

Esperaches nove lúas

por este intre feliz

pola dozura dun bico

e.. ves? Xa me tés aqui.”!

 

        Así  empeza este conto:

“A linda historia de Alba”

que naceu um mes de Agosto

aló ,pola madrugada.

 

toñi lorenzo-agosto 2013



Quereres e sentires

 

Polos camiños da vida

oín un mormullo amigo

que me lembraba os quereres

que xa non teño conmigo.

 

Polas vereas do tempo

oín un susurro quedo

que me decían mainiño

os sentires que non levo.

 

Polas rúas da esperanza

gravei no meu corazón

que os quereres de verdade

fican arredor de nós.

 

Por sendas alumeadas

de xentes que son luceiros

que fan sentir, dan querer

e fan cálido o inverno.

 

Polos sendeiros amigos

que rulan co meu andar

chegoume esa luz amiga

¡e animoume  o camiñar!

 

Polas vías que me levan

e escoitan o meu falar

de sentires e quereres

Canto teñen que contar!

 

 

 

Toñi Lorenzo

 

Decembro 2011

 

Empezamos a andaina deste curso cuns versos

ONTE SOÑEI

 

 

Onte soñei un mundo novo

sin odio, sin opresión

onde o rei era a tenrura

onde rexía  o amor.

 

Soñei con mares e ríos

puros, sin contaminar

cunhas augas transparentes

que cobizaba bicar.

 

Soñei con un mundo ceibe

sin balas e sin cañóns,

con campos cheos de flores

con nenos o seu carón.

 

Soñei con risas e cantos

e con abrazos sinceiros,

co luceiro do amencer

e co solpor feiticeiro.

 

Soñei un mundo de xustos

sin diferencias sociais

de razas, nin relixións

-todos éramos iguais-.

 

Era un romance fermoso

entre toda a humanidade.

¡foi un soño fabuloso,

de amor, de fraternidade!

 

Cando espertei a verdade

do noso mundo tristeiro

comprendín que as utopías

enchen os soños baleiros.

 

Pero non perdo a esperanza

que eses soños de irmandade,

deixen de ser utopías

 e se fagan realidade.

                             

Toñi Lorenzo

 

 

UNHA NOVA VERSIÓN DA CINCENTA

NÓS, QUEREMOS IGUALDADE


 

 

Nós, as mulleres de Dorna

somos un grupo valente

loitamos pola igualdade

e así, farémolo sempre .

 

Dende a nosa Asociación

de mulleres liberadas

loitamos porque xamáis

nos sintamos humilladas.

 

Moitos anos xa levamos

plantexándonos mil retos

que deixamos de ser nenas

e algunhas xa temos netos.

 

Pero seguimos con forzas

seguimos involucradas

non queremos ser xoguetes

nin mulleres maltratadas.

 

Só queremos igualdade

en tódo-lo cotián

nos estudos ,no traballo

como calquer cidadán.

 

Reinvindicamos dereitos

pensamos que é de xustiza

só queremos igualdade

que eso ,non sexa noticia. 

 

Empezando pola casa

-a familia é o primeiro-

compartindo as tarefas

e todo mais levadeiro.

 

Seguindo polo traballo

pedímola paridade

non ten porque haber mais homes

senón total igualdade.

 

E no tocante o salario

si traballamolo mesmo

pensamos que é condición

cobrar o mesmo diñeiro.

 

Pedimos que se rematen

os maltratos “por amor”

a dignidade ante todo

ésa é a condición.

 

Que a sociedade valore

o que levamos loitado

eso significará

que algo temos avanzado.

 

E agora berremos forte

dende a nosa Asociación

berremos que “Nunca Mais”

por nós ,sintan compaisón.

 

                                        

                                                                                  Toñi Lorenzo